A Bola remata as actividades de ximnasia impulsadas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

A actividade de ximnasia organizada na Bola ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero chegou á súa fin a pasada semana despois de varios meses de sesións iniciadas no pasado mes de abril.
Ao remate do programa, a organización quixo agradecer a implicación de todas as participantes, destacando a súa asistencia, compromiso e entusiasmo ao longo destes meses, nos que a actividade tamén serviu como espazo de encontro, convivencia e benestar.
O recoñecemento estendeuse tamén ao monitor Marco, ao que se agradeceu a súa profesionalidade, dedicación, paciencia e o labor desenvolvido para motivar ás asistentes en cada unha das sesións.
Desde a organización confían en que a experiencia resultase positiva para todas as participantes e lembran que a programación continuará coa actividade de taichí, que se manterá durante os meses de xullo e setembro.
As sesións de taichí celebraranse os luns e mércores, en horario de 17.00 a 18.00 horas.