A Bola renovará dous camiños de Santa Baia de Berredo por máis de 260.000 euros

OurenseXa
As obras mellorarán o pavimento dos accesos á capela de Anxá e á igrexa da Eirexa, cun financiamento compartido entre a Xunta e o Concello
humaniazacion-santa-baia-de-berredo-a-bola
11 Oct 2026

A renovación de dous camiños da parroquia de Berredo, no municipio da Bola, permitirá mellorar os accesos á capela de Anxá e á igrexa parroquial da Eirexa. A Xunta adxudicou os traballos por 172.727 euros, sen IVE, á empresa Explotacións Medioambientais S.L.U., no marco do Plan Hurbe.

A intervención centrarase nos tramos que conectan a estrada autonómica con ambos os templos, vías nas que conviven actualmente o tránsito peonil e o tráfico rodado. O proxecto contempla a renovación do pavimento, que presenta un estado de deterioración.

O investimento total ascende a 260.513 euros. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas achegará o 70% do orzamento, ademais de contratar e executar as obras, mentres que o Concello da Bola asumirá o 30% restante e se encargará do mantemento das vías unha vez rematados os traballos.

0.16863298416138