A Bola retoma as clases de ximnasia ofrecendo un espazo de coidado físico e emocional para veciñanza

OurenseXa
A actividade enmárcase no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e terá lugar martes e xoves
ximnasia-de-mantemento
19 Apr 2026

O Concello da Bola retoma as clases de ximnasia, unha proposta dirixida a promover o coidado da saúde e o benestar, ao tempo que favorece a convivencia e o tempo compartido en grupo. A iniciativa enmárcase no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As sesións desenvolveranse os martes e xoves, en horario de 17.00 a 18.00 horas, na nave de Cacabelos. O programa está aberto a novas inscricións e as persoas interesadas poden anotarse a través do teléfono 988 451 293.

Con esta actividade, o Concello aposta por fomentar hábitos de vida saudable e ofrecer un espazo de encontro que contribúa tanto ao coidado físico como emocional das participantes.

0.11407899856567