A Bola terá unha nova casa niño para menores de 0 a 3 anos

OurenseXa
O Concello ourensán sumará este recurso, pensado para facilitar a conciliación familiar no ámbito rural, dentro da última resolución de axudas da Consellería de Política Social e Igualdade
casa niño A Bola
5 Nov 2026

O Concello da Bola contará cunha nova casa niño, segundo recolle a última resolución de axudas da Consellería de Política Social e Igualdade. Este recurso súmase á rede existente na provincia, que na actualidade conta con 49 casas niño en funcionamento.

As casas niño son un servizo dirixido ao coidado dos nenos e nenas de 0 a 3 anos que viven en contornas rurais, co obxectivo de facilitar ás súas familias a conciliación da vida laboral, familiar e social. Este tipo de recursos puxéronse en marcha no ano 2016 por parte da Xunta de Galicia, coa finalidade de reducir as diferenzas de oportunidades entre o medio urbano e o rural, tanto a nivel territorial como entre as propias familias.

A incorporación desta nova casa niño enmárcase, ademais, dentro doutras medidas impulsadas pola Xunta en materia de conciliación, entre as que se atopa a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos.

0.16299104690552