A borrasca deixa refachos de máis de 148 km/h e case 64 litros de choiva por metro cadrado en puntos de Galicia

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | FerrolXa | OurenseXa
A pesar da situación meteorolóxica, as temperaturas máximas mantivéronse por riba do habitual para estas datas
mapa-tormenta
30 Sep 2026

A borrasca que atrevesou Galicia este martes deixou importantes rexistros de vento e precipitacións, nunha xornada na que estivo activada a alerta laranxa por chuvias e temporal costeiro. O refacho máis forte alcanzou os 148,7 quilómetros por hora en Vimianzo (A Coruña), mentres que Santa Comba acumulou case 64 litros de choiva por metro cadrado.

Os datos de Meteogalicia sitúan na estación da Gándara, en Vimianzo, o maior refacho rexistrado ata o momento, con 148,7 km/h. Tamén se superaron os 110 km/h en varios puntos de Galicia, entre eles Cuntis, onde se chegaron aos 133,5 km/h; Cedeira, con 127,5 km/h; Oia, con 118,9 km/h, e Bueu, con 113,1 km/h.

As precipitacións deixaron igualmente cantidades destacadas. Santa Comba sumou 63,8 litros por metro cadrado, mentres que en Coristanco se acumularon 55 litros e en Val do Dubra máis de 47 litros por metro cadrado.

A pesar da situación meteorolóxica, as temperaturas máximas mantivéronse por riba do habitual para estas datas. Leiro, en Ourense, alcanzou os 27,3 graos, e Lourenzá, en Lugo, chegou aos 27,1. Tamén se superaron os 26 graos en localidades como Riotorto e Mondoñedo, na provincia de Lugo, e Castrelo de Miño, en Ourense.

0.1406991481781