A campaña “Come Local” pon en valor os produtos agroalimentarios con selo de calidade no CIFP Vilamarín

OurenseXa
A actividade serviu para dar a coñecer produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e de produción ecolóxica e produtores que cooperan nesta iniciativa
Cabarcos_ComeLocal_Vilamarin
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, na xornada “Come Local” en Vilamarín
23 feb 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado, entre outros, polo presidente do GDR Adercou e alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, participou onte nunha actividade
enmarcada na campaña “Come Local” que ten por obxectivo promocionar o produto de proximidade con selo diferenciado como parte do Pacto Verde Europeo e a estratexia “Da Granxa á mesa” da Unión Europea.

Esta xornada tivo lugar no CIFP de Vilamarín, situado en dito concello da provincia de Ourense, onde o director estivo acompañado polo equipo docente e polo alumnado dos ciclos de restauración, cociña e turismo. A actividade serviu para dar a coñecer produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e de produción ecolóxica e produtores que cooperan nesta iniciativa de promoción dos selos de calidade alimentaria galego, así como impulsar o seu consumo en centros educativos.