A campaña 'Galicia sabe a Amar' chega este venres a Esgos

OurenseXa
Haberá unha degustación gratuíta de produtos do mar e tamén xogos na Biblioteca
Galicia-sabe-amar-foodtruck-2023
6 Dec 2024

A campaña ‘Galicia sabe Amar’ chega este venres a Esgos, cunha degustación gratuíta de petiscos realizados a base de produtos do mar e da terra que terá lugar na Praza de Saa de 12.30 a 15.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

‘Galicia sabe Amar’ é unha campaña da Xunta de Galicia, para animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo . Neste 2024 a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das rías galegas.

Ademais, a partir das 17.30 horas, a Biblioteca acollerá unha tarde de xogos de mesa.

⚙ Configurar cookies
0.10736298561096