A campaña “Merca no teu comercio” chega ao barrio do Couto en Ourense

OurenseXa
A campaña estará activa até o 15 de maio para fomentar as compras no comercio local, repartindo premios entre os clientes
merca-no-teu-comercio
1 May 2026

O barrio do O Couto será o punto de partida da nova edición da campaña “Merca no teu comercio” en Ourense, unha iniciativa promocional que se desenvolverá abate o 15 de maio co obxectivo de apoiar o comercio de proximidade e dinamizar as vendas no pequeno comercio.

A acción está promovida pola Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, e forma parte dun programa máis amplo que inclúe 40 campañas repartidas por 114 localidades de toda a comunidade, 10 delas na provincia de Ourense.

A iniciativa busca achegar a clientela aos establecementos locais e incentivar o consumo no comercio de proximidade. No caso ourensán, as accións estenderanse a 30 localidades ata o mes de outubro, cun total de 10.000 euros en premios distribuídos entre as diferentes fases da campaña.

Na primeira destas fases, centrada no barrio do Couto, poderán participar todas as persoas que realicen compras nos establecementos retallistas adheridos durante as datas da promoción. As compras deberán rexistrarse a través da páxina web mercanoteucomercio.com/ocouto, podendo facelo directamente a persoa compradora desde calquera dispositivo ou ben o propio comerciante a petición do cliente.

Entre todas as participacións sortearanse 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán empregarse nos comercios da zona. O sorteo celebrarase ante notario o 18 de maio e os resultados publicaranse na web oficial da campaña.

0.1225950717926