A cantante Sabela actuará en Ourense o vindeiro 30 de novembro
![Sabela-cantante-do-Ourol](https://ourensexa.com/wp-content/uploads/2024/10/Sabela-cantante-do-Ourol.jpg)
A xira de Sabela toca terras galegas a finais deste ano. Tras o arranque o pasado 28 de setembro en Sala Ruído de Ferrol, Sabela actuará o vindeiro sábado 30 de novembro na sala Auriense de Ourense.
Baixo o nome de “Hi, My Love Part”, Sabela está inmersa nun percorrido por 9 salas nas que presentará o seu novo son e a súa nova música, pertencente ao EP que espera publicar a finais deste mesmo ano. As entradas para o concerto de Ourense e o resto da xira pódense conseguir en sabelamusic.es e enterticket.es.
A artista galega chega á sala Auriense despois de levar o seu directo a algunhas das grandes cidades de España. En 2024, a de Ourol tocou en grandes salas de Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Oviedo, León, Valladolid, Xaén, Salamanca, Logroño, Ponferrada, Palencia e Tafalla. Tamén foi a protagonista de festivais como o Festival do Pasatempo ou Sorrías Baixas, así como de Galicia Escena PROL, a maior feira de artes escénicas de Galicia, cun concerto en Santiago de Compostela co que puxo fin á primeira parte da súa xira. Sumando as datas anunciadas, o circuíto de Sabela escala a 25 presentacións en vivo.
En Ourense, Sabela presentará o seu novo tema Eu Espero Aquí, unha proposta ambiciosa de levar a súa xa característico pop electrónico a un son máis internacional, pero mantendo ben presentes as súas raíces. Este sinxelo é o segundo adianto, tras Hi, My Love, do seu novo EP, que espera ver a luz no medio do circuíto.