A Carballeira de Puga acolleu a III Convivencia de Familias Novas do Concello de Toén

OurenseXa
A xornada reuniu veciñanza de todas as idades nun encontro con xogos, obradoiros, música e actividades de lecer nun ambiente festivo
xornada-convivencia-familias-toen
25 Jun 2026

A Carballeira de Puga, no concello de Toén, converteuse este domingo nun punto de encontro para a veciñanza coa celebración da III Convivencia de Familias Novas.

Durante toda a xornada, familias e amizades compartiron tempo nun ambiente festivo e de convivencia, con actividades pensadas para todas as idades. O programa incluíu xogos, inchables, obradoiros, xogos de auga, festa da escuma, música e outras propostas dirixidas especialmente ao público infantil.

A iniciativa permitiu, un ano máis, fomentar a convivencia entre veciños e veciñas do municipio, xerando espazos de encontro e participación nunha contorna como a Carballeira de Puga.

Desde o Concello de Toén agradeceron a asistencia e participación de todas as persoas que se achegaron á actividade, así como o traballo do persoal colaborador e da organización que fixo posible a celebración desta xornada.

 

0.13348507881165