A Casa da Cultura de Allariz acolle unha exposición de acrílicos de Isauro González Pereira durante todo o mes de xullo

OurenseXa
A mostra presenta unha colección de marcado estilo expresionista coa que o autor procura “reinterpretar a beleza que observa na vida”
expo-acrilicos-allariz
12 Jul 2026

A Casa da Cultura de Allariz acolle ata o 31 de xullo unha exposición do artista Isauro González Pereira, natural de Corvelle (A Peroxa), integrada por un total de 25 obras realizadas en técnica acrílica.

A mostra presenta unha colección de marcado estilo expresionista coa que o autor procura, segundo as súas propias palabras, “reinterpretar a beleza que observa na vida”.

Ademais da súa faceta como pintor, Isauro González Pereira é profesor e escritor, e mantén unha estreita vinculación coa divulgación do patrimonio etnográfico e da arquitectura popular galega.

A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura, situada na rúa O Castelo, s/n, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O Concello anima á veciñanza e ás persoas que visiten Allariz a achegarse ao centro histórico para coñecer esta proposta artística.

0.13619780540466