A Casa da Cultura de Taboadela acolle este venres a entrega de premios do VI Certame Literario

A literatura volverá ocupar un papel central en Taboadela este venres 22, coa celebración da entrega de premios do “VI Certame Literario Concello de Taboadela”. O acto terá lugar ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
A xornada servirá para recoñecer o traballo das persoas participantes nesta nova edición do certame e poñer en valor a creatividade e o talento literario.
O Concello convida a toda a veciñanza a asistir a este encontro cultural, que busca fomentar a participación e o gusto pola escritura no municipio. Como peche do acto, todas as persoas participantes recibirán un agasallo con motivo da súa implicación no certame.