A Casa da Mocidade de Allariz foi o escenario da “Convivencia Xadrez 2026”

OurenseXa
O evento reuniu ao alumnado da Escola de Xadrez de Allariz nun encontro arredor do deporte e o compañerismo
convivencias-escola-de-xadrez-de-allariz
23 Apr 2026

O alumnado da Escola de Xadrez de Allariz participou esta pasada fin de semana na xornada “Convivencia Xadrez 2026”, celebrada na Casa da Mocidade, nun encontro que reuniu actividade formativa e momentos de convivencia arredor deste deporte.

A iniciativa deixou, segundo se sinala desde a organización, experiencias que van máis alá do taboleiro, destacando o ambiente de compañeirismo e a participación activa dos asistentes. “O alumnado da nosa escola volveu demostrar que, ademais de estratexia, sobra compañeirismo e ganas de compartir”, apuntan desde o Concello.

Desde a escola quíxose agradecer a implicación de todas as persoas participantes, pola súa enerxía e actitude durante as partidas. “Sen ese entusiasmo, estas xornadas non serían o mesmo”, sinalan.

0.099910974502563