A Casa dos Poetas acolle a presentación do libro ‘Umbilical’ de Baldo Ramos e Xerardo Quintiá

OurenseXa
O acto celebrarase o venres 3 de xullo ás 20.00 horas con participación dos autores, intervencións poéticas e acompañamento musical
presentacion-umbilical-celanova
30 Jun 2026

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá este venres, 3 de xullo, ás 20.00 horas, a presentación do libro Umbilical, unha nova publicación froito da colaboración entre o poeta celanovés Baldo Ramos e Xerardo Quintiá, editada por Laiovento.

O acto contará coa participación dos propios autores, así como do tamén poeta Xoán Carlos Domínguez Alberte. A presentación incluirá ademais acompañamento musical a cargo de Minia, Celtia, Aldara e Mateo.

0.11797285079956