A Casa dos Poetas inaugura a exposición “Válvula de escape. Friso Locus Amoenus”, de Baldomero Moreiras

OurenseXa
Poderá verse ata o 30 de setembro
inauguracion-expo-baldomero-moereiras
3 Jul 2026

A Casa dos Poetas de Celanova inaugurou a exposición “Válvula de escape. Friso Locus Amoenus”, unha mostra do artista Baldomero Moreiras que se converterá nunha das propostas culturais destacadas da programación estival deste espazo.

No acto de apertura, o autor estivo acompañado por Xosé Carlos Sierra e Olga Pastor, que participaron na mesa de presentación da exposición. Tamén asistiron ao evento Antonio Puga, presidente da Fundación Curros Enríquez, e Felipe Ferreiro, integrante do padroado da entidade.

Un dos momentos destacados da inauguración foi a doazón realizada por Baldomero Moreiras á Fundación Curros Enríquez. O artista entregou un retrato de Xosé Luís Méndez Ferrín realizado pola súa propia man, incorporando así unha nova peza ao patrimonio da institución.

A mostra poderá verse ata o 30 de setembro e poderase visitar no horario habitual de apertura da Casa dos Poetas en Celanova.

0.13080191612244