A Casa Niño “Os Poliños” de Amoeiro oferta tres prazas

A Casa Niño “Os Poliños” de Amoeiro ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2026/2027, no que se ofertan un total de tres prazas destinadas a nenos e nenas nados a partir do ano 2024
A incorporación das crianzas admitidas está prevista no mes de xullo e o servizo, de carácter gratuíto, ofrece atención personalizada en horario de 8:30 a 15:30 horas, garantindo a cobertura das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso, sempre adaptadas á idade dos menores.
As familias deberán achegar os materiais necesarios para o coidado diario, incluíndo produtos de hixiene, alimentos e elementos de descanso.
Para máis información ou para formalizar a inscrición, as persoas interesadas poden acudir á Casa Niño “Os Poliños”, situada na antiga Escola de Parada (Portecelos), previa cita no teléfono 697 364 562, así como a través do Concello de Amoeiro ou mediante o correo electrónico casaninoospolinos@gmail.com.