A CIG pide mellorar os servizos para os traballadores dos autobuses urbanos de Ourense

A Sección Sindical da CIG nos Urbanos de Ourense insiste na necesidade da reestruturación dos servizos na concesionaria do transporte público municipal, para a mellorar ditos servizos e rebaixar o estrés laboral ao que se ve sometido o persoal condutor.
Dende a CIG celebran os recentes cambios, mais afirmar non entender “que os novos pregos non contemplen as novas liñas”, xa que, sinalan, “iranse imprentando durante a duración da concesión”, o que para eles “non deixa de ser un brinde ao sol”.
Por iso, reiteran a súa disposición para colaborar co Concello, “como xa llo temos transmitido en múltiples ocasións ao señor Alcalde, para prestar a nosa experiencia e o noso coñecemento do servizo para o que fora preciso”, apuntan.
Algúns dos integrantes da desta Sección Sindical despregaron, de xeito simbólico, unha faixa o pasado luns diante do concello para reivindicar as melloras solicitadas, denunciadas ante Inspección de Traballo