A comunidade peruana de Ourense celebrará o domingo o 205º aniversario da independencia do Perú

OurenseXa
O Campo da Feira acollerá unha xornada festiva e cultural con música, folclore e gastronomía peruana
festa-peruana-ourense
23 Jul 2026

A comunidade peruana residente en Ourense celebrará o vindeiro domingo 26 de xullo o 205º aniversario da independencia do Perú cunha xornada festiva e cultural no Campo da Feira, que dará comezo ás 12.00 horas.

O encontro ten como obxectivo estreitar lazos de irmandade e compartir coa cidadanía ourensá a herdanza pluricultural do país sudamericano. A programación incluirá unha mostra folclórica das distintas rexións do Perú, así como unha degustación gastronómica de pratos tradicionais da cociña peruana, recoñecida como patrimonio cultural.

Ao acto asistirá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que presidirá a celebración central desta conmemoración patriótica.

0.12367105484009