A Agrupación Coral Arnoia aterriza esta noite en Allariz

OurenseXa
O Concello de Allariz arranca este mércores, 10 de xullo, as actividades programadas para as Festas de San Bieito 2024
Festas de San Bieito 2024
10 Xul 2024

O Concello de Allariz arranca este mércores, 10 de xullo, as actividades programadas para as Festas de San Bieito 2024. Os actos, organizados dende a área de cultura do Concello de Allariz, comezarán cun concerto da Agrupación Coral Arnoia que terá lugar ás 20.00 horas na Igrexa de San Bieito

Preto de 15 actividades conformarán a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz neste 2024, que se extenderán ata o domingo, 14 de xullo. Unha programación para todos os públicos que encherá un ano máis as rúas de Allariz. A Festa deste 2024 rematará, como xa é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00 horas dende o Campo de Vilanova.

Xoves, 11 de xullo

  • 20.15 horas. Concerto do Coro Universitario Schola Cantorum
    Venres, 12 de xullo
  • 20.30 horas. Función ‘De Vilatriste a Vilalegre’ da compañía Teatro ó Cubo, na Alameda
  • 23.00 horas. Discomóvil Euphoria Disco Sow na Barreira

Sábado, 13 de xullo

  • 11.30 horas. Desfile de Xigantes e Cabezudos acompañados da Agrupación De Pé Feito, desde a Casa da Cultura
  • 20.30 horas. Conncierto da Banda Unión Musical de Allariz na Alameda
  • 21.30 horas. Baile co grupo Arizona na Barreira
  • 00.00 horas. Verbena co grupo Arizona na Barreira

Domingo, 14 de xullo

  • 10.00 horas. Pasarrúas coa Banda Unión Musical de Allariz
  • 11.00 horas. Procesión do Patrón da Vila acompañada dos Xigantes e Cabezudos e agrupacións musicais
  • 12.30 horas. Actuación da Agrupación de Música Tradicional Candaria na Praza do Matadoiro
  • 13.30 horas. Actuación da Banda Unión Musical de Allariz na Barreira
  • 21.00 horas. Baile coa orquestra Trebol na Barreira
  • 00.00 horas. Espectáculo de Pirotecnia a cargo de Josman no Campo de Vilanova
0.13249111175537