A Deputación aborda vías de colaboración coa colectividade galega na República Dominicana

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo este venres unha reunión co responsable do Centro Galego na República Dominicana, Antonio Sánchez, que acudiu acompañado por Jesús Suárez Conde. O encontro serviu para afondar na relación coa diáspora galega e explorar posibles sinerxías tanto no ámbito económico como no cultural.