Ourense adícalle o 8 de xullo ás mulleres viticultoras da provincia

OurenseXa
Esta iniciativa da área de Igualdade recoñece neste mes, baixo o título de “O sabor da igualdade, viños creados por mulleres” a Raquel Biscaia, muller labrega, viticultora e apicultora de O Bolo
62DF3293-EBBE-40A6-888F-82D765ECE840
Raquel Biscaia
8 Xul 2024

Como cada mes, desde a área de Igualdade da Deputación lévase a cabo a iniciativa “8M, mes a mes”, adicándolle o día 8 un recoñecemento especial en honra ás mulleres con profesións altamente masculinizadas ou de gran relevancia ao longo da historia. Deste xeito, búscase promover durante todo o ano a importancia das mulleres e o seu traballo.

Facendo referencia a ditas profesións con figuras da provincia, neste 8 de xullo hónrase á muller viticultora baixo o lema: “O sabor da igualdade, viños creados por mulleres”.

A figura seleccionada da provincia para a súa representación é Raquel Biscaia, natural de O Bolo, preto das ribeiras do Xares e o Bibei. É un gran exemplo de muller viticultora, mais tamén é labrega e apicultora. Abarcando, deste xeito, diversos oficios de gran importancia para a provincia, tal e como ela menciona: “O sector agroalimentario é o futuro e presente da nosa economía, ben apoiado no saber facer milenario labrego galego”. Aposta por unha alimentación sana, onde o viño natural participa.

“Raquel Biscaia” é unha marca de viños que traballa de xeito natural, sen empregar pesticidas, herbicidas ou insecticidas químicos. A maior parte do traballo realizase a man ou con axuda de pequena maquinaria. Deste xeito, asegúrase do coidado da terra e da producción dun viño completamente bo para a saúde.

Ela mesma explica a súa traxectoria: “Estudei Relacións Laborais e Economía en Vigo, para continuar coa empresa familiar. Son filla de labregos. Teño experiencia neste sentido”, engadindo tamén que “creo na ecoloxía, no feminismo, no coidado da terra e na importancia da alimentación para o presente e futuro das nosas crianzas. Tamén creo no traballo en ecolóxico, na biodinámica, no natural e nos viños sen aditivos”.

0.19141292572021