A Deputación buscará fomentar o desenvolvemento sostible no sur de Ourense a través dos fondos FEDER

OurenseXa
O documento estratéxico “Axenda Urbana Ourense Sur” engloba accións de ordenación do territorio dentro ODS para os municipios de Barbadás, San Cibrao das Viñas, Ourense e O Pereiro de Aguiar
Xunta-de-goberno-deputacion-ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
24 Feb 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense acordou presentar senllas candidaturas ás axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para dous Plans de Actuación Integrados (PAI), que teñen como obxectivo fomentar o desenvolvemento sostible nas zonas de Ourense sur e Valdeorras.

As axudas solicitadas alcanzan os 12 millóns de euros, seis para cada un dos plans, que teñen un orzamento conxunto de 20 millóns de euros, 10 en cada caso. Considera o goberno provincial sumamente beneficiosas estas iniciativas desde unha tripla perspectiva: mellorar a dimensión física e medioambiental, mellorar a dimensión económica e competitividade; e mellorar a dimensión social destes territorios.

O documento estratéxico “Axenda Urbana Ourense Sur” engloba accións de ordenación do territorio dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) para os municipios de Barbadás, San Cibrao das Viñas, Ourense e O Pereiro de Aguiar. O segundo plan, “Diagnose e Plan de Acción da Axenda Urbana de O Barco de Valdeorras”, procura implantar tamén os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Na sesión de hoxe tamén se aprobaron axudas en materia de cooperación e colaboración por un importe total de 70.721,39 euros, con destino á mancomunidade de municipios da Comarca de Ourense; a Asociación Cultural La Troya; a Federación de Mulleres Rurais de Ourense; a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia; e o Verín Club de Fútbol.

 

 

⚙ Configurar cookies
0.17509603500366