A Deputación de Ourense abre a porta a colaborar coa asociación Avante Ourense para o apoio a colectivos vulnerables

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da asociación Avante Ourense, Julio Vila, que acudiu acompañado polo tesoureiro, Juan Francisco Álvarez, e a secretaria técnica, Gina Paola Hernández.
O encontro serviu para coñecer en detalle o traballo e os obxectivos deste colectivo, constituído hai tres anos, que ten como finalidade prestar apoio a persoas en situación de necesidade para favorecer que poidan desenvolver unha vida digna.
Pola súa banda, Luis Menor explicou as liñas de colaboración que a Deputación de Ourense mantén con entidades que traballan con colectivos vulnerables, especialmente a través da Área de Benestar.
O presidente provincial expresou ademais o seu desexo de que esta cooperación poida materializarse en programas conxuntos que beneficien ás persoas usuarias da asociación Avante Ourense.