A Deputación de Ourense achega 201.000 euros para a cooperación con entidades e municipios

OurenseXa
O X Festival Hércules Brass de Celanova, o Club Voleibol Ourense e a Escola de Fútbol Feminino Rosalía percibirán 29.000 euros para axudar nos seus gastos de funcionamento
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
21 Oct 2024

A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a mobilización dun total de 201.000 euros que serán destinados a cooperar con entidades culturais e deportivas da provincia, así como con municipios.

Así, os fondos destinados ás entidades son 29.000 euros, que serán destinados á Asociación Cultural Xingros para a organización do X Festival Hércules Brass de Celanova, así como aos gastos de funcionamento do Club Voleibol Ourense e da Escola de Fútbol Feminino Rosalía.

No que atinxe á cooperación cos municipios, destinaranse 172.000 euros cofinanciamento de proxectos, mellora de viais, remodelación de espazos públicos e a posta en marcha de novas dotacións como un Museo de Arte Sacro.

0.17626094818115