A Deputación de Ourense dedica o 8 de outubro ás mulleres rurais

OurenseXa
A inciativa “8M, mes a mes” pon o foco este outubro na muller rural dedicada ao campo, coincidindo tamén con que o día 15 celébrase o Día Internacional das Mulleres Rurais
Lina Morais
Lina Morais
6 Oct 2024

Como cada día 8, a Área de Igualdade da Deputación realiza un recoñecemento especial ás mulleres con profesións altamente masculinizadas ou de gran relevancia ao longo da historia. Así, dentro desta iniciativa, “8M, mes a mes”, búscase promover durante todo o ano a importancia do traballo das mulleres.

No mes de outubro, o recoñecemento é a muller rural dedicada ao campo, coincidindo tamén con que o día 15 celébrase o Día Internacional das Mulleres Rurais. O lema seleccionado neste mes é: “Sementando raíces, colleitando forzas” e a persoa seleccionada en representación do colectivo é Isolina Morais Domínguez, Lina, natural de Terroso, Vilardevós. É labrega e tamén se dedica á venta na praza de abastos de Ourense.

Lina comezou coa produción para autoconsumo, e hai máis de tres anos foi cando decidiu emprender, impulsada pola súa paixón por traballar a terra. Liga directamente o seu traballo con obter produtos de calidade e de maior seguridade alimentaria para a nosa saúde. “A agricultura ademais de permitirnos ter a capacidade de producir os nosos propios alimentos, apórtanos unha produción de alimentos sans, e fai que a poboación coñeza a procedencia dos mesmos e é algo que incide directamente na nosa saúde”, engade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20008993148804