A Deputación de Ourense estreita lazos coa agrupación Lembranza Solpor e coa Asociación de Amigos das Termas

O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial coa directiva do grupo folclórico Lembranza Solpor, dentro da rolda de contactos que está a desenvolver con diferentes colectivos e asociacións de toda a provincia.
O encontro serviu para analizar polo miúdo o labor e as actividades que desenvolve este grupo, destacando Menor os seus 45 anos de historia “e que forma a máis de 80 persoas a través da súa escola de gaita”. Tras coñecer as súas necesidades, o presidente provincial sinalou o compromiso da institución provincial de reforzar a axuda a este colectivo co obxectivo de que poidan continuar coas súas actividades.
Ademais, no día de onte, o presidente provincial ao colectivo Amigos das Termas, encabezado polo seu portavoz, Enrique Camoeiras, acompañado á súa vez por Noelia García, membro da plataforma.
Luis Menor trasladou aos representantes do colectivo o decidido apoio da Deputación ao termalismo ourensán, como un “sector estratéxico para a provincia e un factor diferencial á hora de atraer a visitantes.
Nesta liña e dentro do ámbito competencial da Deputación, o presidente destacou a “total disposición” do goberno provincial á hora de promover accións en beneficio do sector termal”.