A Deputación de Ourense organiza uhna xornada para abordar os retos do emprego público nas entidades locais

A Deputación de Ourense organiza uhna xornada para abordar os retos do emprego público nas entidades locais
A sesión, prevista para o 27 de maio, está dirixida a responsables políticos, técnicos e profesionais do ámbito xurídico e administrativo
A Deputación de Ourense organiza unha xornada formativa centrada na análise da problemática do emprego público nas entidades locais, unha iniciativa que se desenvolverá en colaboración con “Vento abogados y asesores”.
O encontro terá lugar o próximo 27 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en horario de 9.15 a 14.00 horas, e está dirixido a persoal directivo e técnico da administración, cargos electos, profesionais do ámbito xurídico, consultores, estudantes e persoas interesadas nesta materia.
Segundo a organización, a xornada ten como finalidade analizar os principais desafíos aos que se enfrontan as entidades locais na xestión do emprego público, así como debater sobre a súa regulación e ofrecer posibles solucións prácticas que axuden ao cumprimento da normativa vixente.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web da Deputación de Ourense, onde está habilitado o formulario correspondente.