A Deputación reclama en Bruxelas a xestión directa dos futuros fondos de cohesión por parte das institucións provinciais

OurenseXa
A posición foi defendida no Comité das Rexións durante o Cumio Europeo de Autoridades Locais Intermedias, no que se aprobou a Declaración de Belliard
dep-ourense-fondos-europeos-bruselas
10 Jun 2026

O deputado provincial Jorge Pumar participou en Bruxelas no Comité das Rexións, no Cumio Europeo de Autoridades Locais Intermedias, onde se reivindicou o papel que deben desempeñar os gobernos locais intermedios na xestión directa dos futuros fondos de cohesión da Unión Europea.

No encontro participaron representantes de deputacións e concellos españois e europeos, así como eurodeputados da comisión de Desenvolvemento Rexional (REGI). O obxectivo principal foi poñer en valor o papel das institucións provinciais e dos gobernos intermedios na canalización das axudas comunitarias.

Durante a xornada celebráronse diversas mesas redondas con exemplos prácticos sobre a xestión e absorción de fondos europeos por parte destas administracións. Como resultado do encontro, adoptouse a Declaración de Belliard, na que se reclama o recoñecemento destas entidades no deseño, gobernanza e orientación estratéxica dos programas europeos.

O documento subliña que a política de cohesión é unha ferramenta clave para corrixir as desigualdades territoriais e propón que as institucións intermedias poidan asumir, a partir de 2027, a xestión directa dunha parte dos fondos de cohesión.

A declaración destaca que as deputacións se atopan nunha posición axeitada para identificar as necesidades prioritarias de cada territorio e que desempeñan un papel esencial de apoio aos pequenos e medianos concellos.

0.14456391334534