A Escola de Música de Amoeiro celebrará o seu festival de fin o vindeiro xoves

A Escola de Música de Amoeiro celebrará o seu festival de fin de curso o vindeiro xoves 18 de xuño, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura do municipio, con entrada libre ata completar aforo.
Durante o acto, o público poderá asistir ás diferentes actuacións do alumnado das distintas especialidades instrumentais, como saxofón, clarinete, piano, guitarra, baixo eléctrico, batería e percusión, entre outras.
O programa formativo da escola inclúe tamén materias como linguaxe musical, combos, conxuntos, música e movemento, percusión urbana, harmonía moderna e introdución á improvisación, cuxos resultados tamén se verán reflectidos nesta exhibición final de curso.