A Escola de Música Tradicional de Allariz celebra este martes o seu concerto de fin de curso na Alameda

A música e a tradición encherán a Alameda de Allariz o vindeiro martes 23 de xuño, coa celebración do concerto de fin de curso da Escola de Música Tradicional da localidade.
O alumnado e o profesorado do centro serán os encargados de ofrecer esta actuación, coa que se porá o peche ao curso académico, nun evento no que se busca poñer en valor o traballo realizado ao longo do ano.
O concerto terá lugar ás 19:30 horas na Alameda de Allariz, nunha cita aberta ao público que pretende reunir á veciñanza arredor da música tradicional e da cultura local.