A Escola Infantil Municipal de Barbadás pecha este xoves pola folga xeral

OurenseXa
A actividade retomarase con normalidade unha vez finalizada a xornada de paro
conciliacion_imaxe_recurso
6 May 2026

A Escola Infantil Municipal de Barbadás non abrirá as súas portas este xoves, 7 de maio, como consecuencia da folga xeral convocada a nivel estatal no sector educativo do primeiro ciclo de atención infantil.

O Concello informou desta decisión tras recibir a comunicación do persoal do centro sobre o seguimento do paro. Ante esta situación, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, asinou un bando municipal no que se dá conta á veciñanza do peche das instalacións durante esa xornada.

Segundo explican desde o goberno local, a medida responde á imposibilidade de asegurar o funcionamento habitual do servizo. Ademais, búscase garantir tanto a seguridade dos menores como o respecto ao dereito fundamental á folga por parte das traballadoras e traballadores.

Deste xeito, a escola infantil permanecerá pechada ao longo de todo o xoves, retomando a súa actividade con normalidade unha vez finalizada a xornada de paro.

0.12299799919128