A Escola Municipal de Música de Barbadás prepara o seu XI Festival Solidario

OurenseXa
Será o vindeiro sábado, 18 de abril, e os beneficios irán para a asociación Morea
festival-solidario-barbadas
14 Apr 2026

A Escola Municipal de Música de Barbadás ultima os preparativos para a celebración do seu XI Festival Solidario, unha das citas máis destacadas do seu calendario anual e que nesta edición estará dedicada á asociación Morea.

O evento terá lugar o sábado 18 de abril, ás 19:00 horas, no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música. Profesores, alumnos e alumnas participan na organización desta cita, que combina música e solidariedade.

As entradas poderanse adquirir no CC Ponte Vella mediante unha doazón simbólica de 5 euros, destinada a apoiar o labor da entidade beneficiaria.

0.13466095924377