A Escola Municipal de Música de Coles pechou o curso cun concerto no auditorio municipal

OurenseXa
O alumnado e a banda ofreceron unha actuación de fin de curso que serviu para poñer o broche a un ano de aprendizaxe e formación musical
concerto-escola-de-musica-coles
18 Jul 2026

O auditorio de Coles acolleu a actuación de fin de curso da Escola Municipal de Música, un concerto co que se puxo o punto final a un curso marcado pola aprendizaxe, o traballo e a dedicación do alumnado e do profesorado.

Durante a actuación, os asistentes puideron desfrutar das diferentes pezas interpretadas polo alumnado e polos integrantes da banda, nun recital que puxo de manifesto o traballo realizado ao longo do ano e o nivel formativo acadado polos participantes.

O Concello agradeceu a implicación de alumnado, profesorado e músicos, así como a asistencia das familias, da veciñanza e de todas as persoas que participaron nesta cita musical, contribuíndo co seu apoio ao desenvolvemento da actividade cultural no municipio.

Desde o goberno local tamén reafirmaron o seu compromiso de continuar impulsando iniciativas que favorezan a formación musical, a convivencia e o achegamento das novas xeracións á música.

0.12776494026184