A Escola Municipal de Pintura de Allariz inaugura esta tarde a súa exposición de fin de curso

OurenseXa
Poderá verse na Casa da Cultura ata o 19 de xuño
expo-escola-pintura-allariz
27 May 2026

A Casa da Cultura acolle esta tarde a inauguración da exposición de fin de curso da Escola Municipal de Pintura, unha mostra que reúne os traballos realizados polo alumnado durante os últimos meses.

A exposición, aberta a participantes de todas as idades, destaca pola variedade de estilos, a cor e a creatividade das obras expostas. Dende a organización sinalan que a iniciativa busca poñer en valor o esforzo e a ilusión do alumnado ao longo do curso.

A apertura terá lugar hoxe, mércores 27 de maio, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura. O evento está aberto á veciñanza, que poderá achegarse para coñecer de preto o traballo desenvolvido na escola e apoiar a arte local.

Para aquelas persoas que non poidan asistir á inauguración, a mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 19 de xuño.

0.12074208259583