A Feira Bio regresa a Celanova o 12 de outubro

OurenseXa
Como novidade deste ano, o Concello de Celanova organiza a primeira andaina cultural 'Sábeme a Celanova'
feira-bio-celanova
1 Out 2024

A terceira edición da Feira Bio regresa a Celanova por terceiro ano consecutivo o vindeiro sábado, 12 de outubro, para promover a venda de produtos de proximidade.

A xornada contará cun mercado de produtos da horta así como un gran mercado de segunda man para promover a economía circular entre a veciñanza.

Ademais, como novidade deste ano, o Concello de Celanova organiza a primeira andaina cultural 'Sábeme a Celanova', onde os asistentes poderán coñecer de cerca o patrimonio cultural da vila, pasando pola Capela de San Miguel, o Claustro Barrco, o Monte da Cruz, Castromao, a Torre de Vilanova, a Capela da Virxe do Cristal e a Igrexa do Cristal.

Consulta aquí o programa completo da III Festa Bio de Celanova

0.22319793701172