A Feira de Primavera de Luíntra trasládase ao pavillón municipal

Nogueira de Ramuín acolle este sábado 2 de maio a súa Feira de Primavera, unha cita pensada para dinamizar a vida local e ofrecer unha xornada de lecer para todas as idades.
O evento, que tiña previsto celebrarse na praza de Luintra en horario de 10:30 a 18:00 horas, trasládase ao pavillón municipal a causa da choiva. Ao longo do día, as persoas asistentes poderán gozar de postos locais con produtos variados, artesanía feita a man e doces caseiros. Ademais, haberá diferentes propostas dirixidas ao público infantil, como talleres, colchonetas gratuítas e sesións de conta contos.
A Feira de Primavera está organizada pola ANPA do CEIP de Luintra e conta coa colaboración do Concello de Nogueira de Ramuín e da Asociación Sementes.