A feira do Pinto reuniu a centos de persoas en Esgos

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A xornada mantivo a tradicional degustación de callos, postos de venda, pulpería, churrasco e a actuación da banda de gaitas do Concello
feira-do-pinto-esgos
12 Aug 2026

Esgos celebrou o pasado sábado a Feira do Pinto, unha das citas máis consolidadas do calendario estival do municipio, que este ano estreou nova localización na área recreativa de O Pinto-Laioso. A xornada reuniu a centos de persoas nunha celebración marcada pola gastronomía, a tradición e a convivencia.

O evento, organizado polo Concello de Esgos coa colaboración da Deputación de Ourense, trasladouse este ano a este novo emprazamento co obxectivo de contar cun espazo axeitado para o desenvolvemento das diferentes actividades.

A programación mantivo os principais elementos que caracterizan esta cita, con postos de venda, pulpería, churrasco e a actuación da banda de gaitas do Concello. Un dos momentos máis agardados foi, como en edicións anteriores, a tradicional degustación de callos.

A ración tivo un prezo de 5 euros e incluíu pan, tarteira e callos, mentres que as persoas que quixeron repetir puideron facelo por 3 euros.

A nova localización permitiu manter a Feira do Pinto como punto de encontro para a veciñanza e as persoas visitantes, combinando a gastronomía coa tradición e o ambiente propio das celebracións vinculadas ao medio rural.

A cita formou parte da programación de verán impulsada polo Concello de Esgos e mantivo así unha celebración xa consolidada no calendario estival do municipio.

0.13407397270203