A Festa do Emigrante de Esgos volveu reunir a veciños e visitantes nunha xornada de reencontro con 30 anos de historia

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A celebración xurdiu en 1996 como unha iniciativa destinada a reencontrar á veciñanza emigrada que regresaba ao municipio durante o período vacacional
festa-do-emigrante-de-esgos-2026
21 Aug 2026

A XXX Festa do Emigrante de Esgos reuniu un ano máis a veciños e visitantes nunha xornada de convivencia xunto á Casa do Concello, que volveu converterse nun punto de encontro coa veciñanza que marchou da súa terra.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo alcalde de Esgos, José Antonio Blanco, compartiu esta tradicional cita coa veciñanza e destacou a importancia de manter vivas celebracións que contribúen a reforzar os vínculos entre as persoas que permaneceron no territorio e aquelas que tiveron que buscar o seu futuro lonxe da súa terra.

A Festa do Emigrante naceu en 1996 por iniciativa do daquela alcalde de Esgos, Manuel Ángel Rodríguez, co obxectivo de crear un espazo de encontro coas persoas emigradas que regresaban ao municipio durante as súas vacacións. Ao longo das décadas, numerosos veciños de Esgos emigraron a diferentes puntos, tanto dentro como fóra de España. Entre os destinos atopáronse o País Vasco e Cataluña, así como países como México, Francia, Suíza, Alemaña ou Venezuela.

Luis Menor puxo en valor o carácter simbólico desta celebración, que, 30 edicións despois, continúa sendo un punto de reencontro coa terra e coas raíces. O presidente provincial destacou tamén o seu papel como homenaxe ás xeracións de ourensáns que emigraron sen perder nunca o vínculo cos seus lugares de orixe.

0.13599920272827