A fiscalía provincial de Ourense arquiva as dilixencias contra Jácome polas ramplas de Concordia

OurenseXa
O decreto de arquivo sinala que tras o análise do procedemento non se pode soster que o acusado tratase de imponer a súa “caprichosa ou arbitraria voluntade en perxuizo do interese público”.
rampas_mecanicas_concordia_concello_ourense
17 Xan 2024

A Fiscalía Provincial de Ourense arquiva as dilixencias de investigación penal tramitadas tras unha denuncia presentada polo PSOE contra o alcalde da cidade de As Burgas, Gonzalo Pérez Jácome, pola presunta comisión dun delito de prevaricación administrativa polas obras de humanización da Rúa Concordia.

O decreto de arquivo, do que informou a Fiscalía e que está asinado pola fiscal delegada de Medio Ambiente e Urbanismo, Carmen Eiró, sinala que tras o análise do procedemento non se pode soster que o acusado tratase de imponer a súa “caprichosa ou arbitraria voluntade en perxuizo do interese público”.

Fronte a esto, sinala que “a suposta contradicción co dereito que pode supoñer a non tramitación do proxecto modificado cando se detectou a súa necesidade e non a posteriori, é unha irregularidade perfectamente subsanable na vía administrativa correspondente”. Ademáis, sinala que se observa “o procedemento legalmente establecido” na tramitación dos múltiples expedientes que obran na causa.

Por todo iso, a fiscal apunta ao sobreseimento provisional e arquivo das actuacións, das que remite copia ao denunciante.

O titular do Concello ourensán calificou esta denuncia como "unha rabieta ao ver que se facía unha obra beneficiosa, como son as ramplas de Concordia".

 

0.14400506019592