A función “As alumnas” chega este venres a Barbadás

A Casa da Cultura Manuel María de Barbadás será escenario este venres, 17 de abril, da representación teatral As alumnas, unha actividade incluída na programación do 8M do municipio.
A obra está dirixida por Fina Calleja e interpretada por Anabel Gago e Mónica Camaño. A peza xira arredor da figura da pedagoga galega María Barbeito e aborda o impacto do franquismo na educación das mulleres.
A función comezará ás 20.30 horas e a entrada é de balde. Os convites poden recollerse ata este mesmo venres na Casa da Cultura Manuel María, en horario de 8.30 a 14.30 horas.