A función 'Pingüin' chega entre luns ao Auditorio Municipal de Ourense

OurenseXa
'Pingüin', unha obra de monicreques sobre os cambios na estrutura familiar, é a nova proposta, é a nova proposta de Afundación para escolares en Ourense
periferia_pinguin_delfin
Cartel 'Pingüin'
28 abr 2024

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá a última proposta escénica da programación de teatro para escolares de Afundación para este curso. Máis de 1900 escolares de educación infantil de 38 centros de toda a provincia de Ourense gozarán de Pingüín, de Periferia Teatro, unha produción que a través das divertidas peripecias dun pequeno pingüín trata en clave de humor situacións cotiás da vida entre pais, nais e fillos. As representacións serán os días 29 e 30 de abril, con funcións ás 10.00 e ás 12.00 horas.

Con Pingüin abórdase o tema da difícil situación á que se enfronta un neno cando ten que compartir o agarimo e a atención dos seus pais cun novo membro na familia. O noso «príncipe destronado» deberá superar esta proba e darse conta de que gañou un amigo para toda a vida. Esta obra foi recoñecida con Premio a Mellor Espectáculo no World Art Festival of Puppets de Praga e o Premio a Mellor Proposta Dramática na Fira de Titelles de Lleida.

Esta obra forma parte da programación escénica para escolares da Obra Social de ABANCA. As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas, promovendo unha educación en valores e competencias transversais que potencia o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión e desenvolver habilidades sociais.