A Fundación Abradacabra levou a maxia ao CHUO

A Ciber@ula do Hospital Materno Infantil acolleu este martes a actuación do Ilusionista José Rivera, o representante en Ourense da Fundación de magos solidarios ABRACADABRA.
Rivera levou un espectáculo de maxia para os nenas e nenas hospitalizados con motivo da Semana Nacional da Maxia, que se está a celebrar estas datas nos diversos hospitais de España. Desde o ano 2005 a fundación esta preto dos nenos hospitalizados, as súas familias e o persoal sanitario.
Para a mestra de pediatría do Hispital Materno Infantil do CHUO, Vanessa González Lage, “unha actuación de maxia no hospital é unha pílula de ilusión e esperanza que mellora a calidade de vida dos pequenos pacientes e a súa contorna”.