A Fundación Cum Laude abre o prazo de inscrición da IX edición de Cromática, a bienal de pintura nova de Ourense

A Fundación Cum Laude de Ourense abre do 4 ao 18 de xuño o prazo de inscrición para participar na IX edición de Cromática, a bienal de pintura nova que consolida a súa presenza na programación cultural da cidade.
Nesta nova convocatoria, a mostra celebrarase no Centro Cultural Ángel Valente de Ourense e contará cunha maior dotación de premios respecto a edicións anteriores. A iniciativa está dirixida a artistas de entre 18 e 35 anos, que poderán participar sen selección previa das obras do 4 ao 18 de xuño.
Cromática ten como obxectivo dar visibilidade á creación pictórica emerxente, ofrecendo a oportunidade de expoñer os traballos seleccionados no Centro Cultural Ángel Valente. A bienal reúne cada edición obras de artistas novos tanto do ámbito galego como internacional, consolidándose como unha cita de referencia no panorama cultural ourensán.