A Fundación Cum Laude leva a cor da artista ourensá Lola Veiras aos seus espazos

OurenseXa
A entidade impulsa unha nova mostra pictórica dentro do seu programa de humanización hospitalaria, que durante anos achegou a arte a espazos sanitarios
Lola Veiras pintora Ourense
Foto: Fundación Cum Laude
9 Oct 2026

A Fundación Cum Laude presenta, durante o período invernal de 2026, unha nova mostra pictórica protagonizada pola artista ourensá Lola Veiras. A pintora, cunha ampla traxectoria profesional, expón nesta ocasión unha selección de obras nas que predominan as flores, os barcos e as paisaxes, pezas cheas de cor que contrastan coa estética habitual dun contorno sanitario.

A exposición ten lugar no Policlínico Sáenz Díez e enmárcase dentro da iniciativa que, dende hai varios anos, desenvolve a Fundación Cum Laude como parte do seu proxecto de humanización do centro médico. A través desta liña de traballo, a fundación organiza periodicamente exposicións de pintura e fotografía nas instalacións do policlínico, propostas que, segundo se destaca, contan cunha notable acollida entre os usuarios do centro.

Coa chegada dos meses máis fríos e grises do ano, os corredores do centro tíngense así das cores vivas que caracterizan a obra de Lola Veiras, achegando unha nota visual diferente ao percorrido habitual de pacientes e visitantes.

0.15892791748047