A Fundación Legar e a Fundación Vicente Risco renden homenaxe aos oficios das mulleres

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Ambas fundacións organizan este venres na vila alaricana a actividade “Mulleres de raíz”
mulleres-de-raiz
22 Apr 2026

A Fundación Legar e a Fundación Vicente Risco unen forzas para render homenaxe aos oficios das mulleres cunha actividade cultural que se celebrará este venres na vila alaricana.

Baixo o título “Mulleres de raíz”, o acto terá lugar o 24 de abril ás 20:00 horas e enmárcase nun ciclo no que a música tradicional será a protagonista, acompañando unha proposta centrada no recoñecemento do labor e do legado das mulleres ao longo das xeracións.

A iniciativa propón un espazo de lembranza e celebración no que os sons e as historias vinculadas á tradición serven como fío condutor para poñer en valor estes oficios e a súa importancia na memoria colectiva.

Ademais da parte musical e homenaxe, a xornada contará cun pequeno petisco para as persoas asistentes e incluirá algunha sorpresa, segundo adiantan as entidades organizadoras.

0.16615509986877