A Fundación Vicente Risco pecha as Xornadas PORTALEN coa presentación dunga obra inédita de Antón Risco

OurenseXa
A actividade terá lugar este sábado e inclúe a intervención de membros do padroado e a edición conmemorativa do centenario do autor
presentacion-anton-risco-portalen
12 Jun 2026

A Fundación Vicente Risco acollerá este sábado 13 de xuño, ás 18.30 horas, o acto de clausura das I Xornadas de Literatura Fantástica Actual en Linguas Ibéricas (PORTALEN), cunha actividade centrada na presentación dunha obra inédita de Antón Risco.

Trátase da novela HOME, publicada por Alveiros, selo editorial da propia fundación, coincidindo co centenario do nacemento do autor. A obra preséntase como parte dun proxecto conmemorativo que pon en valor a figura literaria de Antón Risco dentro do ámbito da narrativa fantástica.

No acto participarán Antonio Blanco Rodríguez, membro do Padroado da Fundación Vicente Risco, e Tomás González Ahola, encargados de presentar a obra e contextualizar a súa publicación no marco das xornadas.

0.12665700912476