A Fundación Vicente Risco presenta a mostra 'Legatum, da escultura ao chocolate'
O vindeiro venres, 7 de febreiro, na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz, terá lugar a inauguración da exposición 'Legatum, da escultura ao chocolate'.
Unha mostra na que a arte e a repostería fúndense grazas á colaboración de cinco prestixiosos escultores galegos: Acisclo Manzano, Soledad Penalta, Xosé Cid, Arturo Andrade e Acisclo Novo. A mostra presenta cinco das súas creacións, Xénese, Agarimo, Díscolo, Odisea e Perenne, mentres que a artesá reposteira alaricana, Fina Rei, da man de Marcos Mosquera, é a encargada de recrealas, formando unha colección de esculturas de chocolate.
A mostra está organizada pola Fundación Vicente Risco, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Fina Rei Artesáns Reposteiros.