A Furgoteca leva a Padrenda a proxección do documental sobre Ramón Otero Pedrayo

OurenseXa
Será este mércores, 17 de xuño, no Centro Social de Grixó
Ramon Otero Pedrayo
16 Jun 2026

A biblioteca móbil da Xunta, coñecida como A Furgoteca, achegará este martes ao concello de Padrenda unha actividade cultural centrada na figura de Ramón Otero Pedrayo, no marco da conmemoración do Ano Oteriano.

A iniciativa inclúe a proxección do documental “Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe”, dirixido por María José Bravo Bosch, unha peza que propón unha mirada ao intelectual galeguista desde a súa relación coa paisaxe, o territorio e a natureza.

A actividade terá lugar o 17 de xuño, entre as 16:15 e as 17:00 horas, no Centro Social de Grixó, e está aberta a todos os públicos.

Desde a organización destacan que a proposta busca poñer en valor a maneira en que Otero Pedrayo entendía Galicia, subliñando que a paisaxe é tamén memoria, identidade e forma de pertenza colectiva.

0.13512206077576