A Galleta Solidaria volve á rúa do Paseo para apoiar a investigación do cancro infantil en Ourense

A iniciativa solidaria da Galleta Solidaria contra o cancro infantil regresa este xoves á rúa do Paseo de Ourense coa súa novena edición, cunha nova campaña de recadación de fondos destinados á investigación desta enfermidade en idade pediátrica.
A acción está impulsada por pastelerías da cidade e da provincia integradas na Asociación Provincial de Pasteleros e Confiteiros de Ourense, que elaboraron arredor de 4.000 galletas para esta edición. As unidades poderán adquirirse o 11 de xuño, a partir das 9:30 horas, na rúa do Paseo número 20, xunto ao centro cultural Ángel Valente, ata esgotar existencias.
Como novidade, parte destas galletas solidarias tamén estarán dispoñibles nas delegacións da Asociación Española Contra o Cancro en Xinzo de Limia, Verín e O Barco de Valdeorras, co obxectivo de ampliar o alcance da campaña a diferentes puntos da provincia. Ademais, varios dos establecementos participantes xa dispoñen á venda destes produtos.
Esta iniciativa, xa consolidada na cidade, conseguiu recadar nas oito edicións anteriores un total de 38.517 euros, cantidades que foron destinadas integramente á investigación do cancro infantil a través da colaboración entre a Asociación Provincial de Pasteleros e a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.
A campaña conta co apoio do Inorde e das fundacións Seur e CEO, que colaboran para reforzar o seu impacto social e solidario.