A Gran Gala Galicia Ilusiona chegará a Ourense o 5 de outubro

OurenseXa
Unha seleccións dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense
presentacion-gala-galicia-ilusiona
28 sep 2024

Galicia converterase na capital mundial da maxia do 3 ao 20 de outubro coa terceira edición do Festival Galicia Ilusiona, que se celebrará co apoio da Xunta de Galicia e que traerá a unha seleccións dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense.

O proxecto, que xa afronta a súa terceira edición, consolídase como un referente dentro do mundo da maxia a nivel nacional e internacional, alcanzando os 70.000 espectadores nas dúas edicións previas.

A gala estará conducida por Meigo Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de Néstor Hato (Francia), Ramó e Alegría (Barcelona), Lore Lavand (Arxentina), Ki Moon Do (Corea) e Jérôme Murat (Francia).

O festival pasará tamén pola Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo.

0.11787295341492